miércoles, 3 de diciembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este mércores, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Minusvalidez, unha data instaurada por Nacións Unidas en 1992 para concienciar ao planeta da existencia destes cidadáns, máis de mil millóns neste momento, dos que preto de catro están en España, e das súas necesidades e particularidades.
O Día Internacional das Persoas con Minusvalidez celébrase cada 3 de decembro en todo o mundo, co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con minusvalidez na sociedade e no desenvolvemento.

MIL MILLÓNS DE PERSOAS
Segundo o último informe mundial sobre minusvalidez publicado pola OMS e o Banco Mundial, máis de mil millóns de persoas viven no planeta con algunha forma de minusvalidez e delas, case 200 millóns teñen dificultades considerables no seu funcionamento diario.

Neste sentido, as organizacións internacionais alertan de que nos anos futuros a minusvalidez será un motivo de preocupación aínda maior, xa que todo fai prever que a súa prevalencia aumentará, debido ao incremento tamén da poboación maior e de enfermidades crónicas como a diabete, os problemas cardiovasculares, o cancro ou os trastornos mentais.

Sexa como for, a realidade actual é que, en xeral, as persoas con minusvalidez teñen peor calidade de vida que o resto dos cidadáns, a súa inserción laboral tamén é máis baixa, o que á súa vez as condena a ter taxas de pobreza máis altas que as persoas sen minusvalidez ou discapacidades.


Por este motivo, as organizacións que representan estes cidadáns aproveitan o Día Internacional da Minusvalidez para reivindicar os seus dereitos e solicitar medidas que abunden na mellora da calidade de vida deste colectivo.


Algúns recursos para traballar a inclusión:

"El cazo de Lorenzo"



"Por cuatro esquinitas de nada"




"El viaje de María"








martes, 25 de noviembre de 2014

"La Cenicienta que no quería comer perdices" e "Arturo y Clementina"










Conto: "La Cenicienta que no quería comer perdices", un conto moderno con moito humor para adultos.




Conto: "Arturo y Clementina" de Adela Turín
Para nenos de 6-12 anos
Arturo e Clementina son duas tartarugas namoradas que deciden compartir a súa vida. Pero pouco a pouco, Clementina vai cargando as súas costas os perxuizos e inseguridades do seu marido...













jueves, 20 de noviembre de 2014

Dereitos dos nenos


"O 20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS"

"O 20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS 

1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, credo ou nacionalidade.

2. Dereito a unha protección especial para o seu desenvolvemento físico, mental e social.

3. Dereito a un nome e a unha nacionalidade.

4. Dereito a unha  alimentación, vivenda e atención médica adecuadas para os nenos.

5. Dereito a unha educación e coidados especiais para o neno física ou mentalmente discapacitado.

6. Dereito á comprensión e amor por parte dos pais e da sociedade.

7. Dereito a recibir educación gratuíta e a gozar dos xogos.

8. Dereito a ser o primeiro en recibir axuda en casos de desastres.

9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.

10. Dereito a formarse nun espírito de solidariedade, comprensión, amizade e xustiza entre os pobos.


lunes, 10 de noviembre de 2014

CREAR E PUBLICAR UN PÓSTER MULTIMEDIA EN GLOGSTER

vídeo glog
Glogster é unha aplicación web que nos permite crear e compartir pósteres multimedia interactivos.
Os alumnos aprenderán a insertar con gran facilidade textos, enlaces ou  imáxes así como archivos de audio ou vídeo.
Unha das súas vantaxes é a posibilidade de grabar audio e vídeo dende a propia aplicación para o cal únicamente necesitamos ter un micrófono e unha webcam conectados ó noso ordeador.
  • Creamos unha conta (Create Account) para o que necesitamos un email. Unha vez rexistrados, pulsando en Login accedemos á aplicación co nome de usuario e contraseña elexidos.
  • Crearemos un póster seguindo as instruccións do tutorial. Unha vez publicado (Save and Publish), podremos insertarlo nun blog e interactuar cos elementos que o compoñen. Para elo, nos proporciona o código necesario (Embed code) ao pulsar o botón Share Glog.
  • Outra posibilidade moi útil é a de imprimilo, PRINT GLOG.

O SAMAÍN




CELEBRANDO O SAMAÍN